Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.875

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de xullo de 2002 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 2002-2003.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no DOG nº 154, do 12 de agosto de 2002, cómpre publica-las correccións seguintes:

-Na páxina 12.289, no parágrafo 2. Caza maior: a) Corzo, onde di: «Os días hábiles para a caza desta especie serán os sábados, domingos e festivos»,

debe dicir: «Os días hábiles para a caza desta especie serán os sábados, domingos e festivos, agás na provincia de Pontevedra, na que segue vedado».

-Na páxina 12.293, ó final do punto 3. Ourense: debe engadirse o literal «k) Queda prohibido o exercicio da caza nos montes veciñais de Lomba, Candás e Rebordiño e terreos particulares na parroquia de Arruás do concello de Vilar de Barrio».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA