Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.875

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2002, do tribunal IV-D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 61 (oficial de laboratorio) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se sinala o lugar, a data e a hora para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 17 de setembro de 2002 o tribunal IV-D acordou que o terceiro exame da fase de oposición se celebre o vindeiro día 27 de

setembro de 2002, ás 18 horas, nas aulas 24 e 25 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, sita na avda. do Burgo, s/n, en Santiago de Compostela. A apertura de portas será ás 17.30 horas. Para a realización do exercicio os opositores deberán vir provistos de bolígrafo e o documento nacional de identidade, ou calquera outro que acredite a súa personalidade. Para a resolución dos casos prácticos os opositores poderán acudir ó exercicio con calculadora non programable.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2002.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA