Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.860

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 270/2002, do 6 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 114, Plan de Obras y Servicios 2002 Xove, pavimentación do acceso de Vila-Gulpilleiras, punto quilométrico 0,00 ó 1,40 (concello de Xove).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión realizada o día vinteseis de abril de dous mil dous, aprobou o proxecto de obra número 114, Plan de Obras e Servicios 2002 Xove, pavimentación do acceso de Vila-Gulpilleiras, punto quilométrico 0,00 ó 1,40, e na sesión do vintesete de maio de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día vinte de agosto de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a deputación, trátase do acondicionamento e mellora dun camiño cunha angostura que dificulta gravemente a circulación vial, e que serve de vía de acceso a lugares que comunican coa capitalidade municipal, situada na costa lucense na comarca mariñá occidental, caracterizada por unha densidade de poboación superior á media provincial ó situarse no medio do complexo industrial de Alcoa e a cidade de Viveiro que está a experimentar unha expansión urbana importante.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de setembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución

das obras do proxecto da obra número 114, Plan de Obras e Servicios 2002 Xove, pavimentación do acceso de Vila-Gulpilleiras, punto quilométrico 0,00 ó 1,40.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais