Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

RESOLUCIÓN da alcaldía.

Esta alcaldía, en virtude das atribucións que lle confire a lexislación vixente, acorda aproba-la convocatoria das actas de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos incluídos no ámbito do expediente expropiatorio da actuación industrial Río do Pozo, sector II, en Narón (A Coruña).

Na sesión do 30 de marzo de 2001, o Pleno do Concello de Narón acordou aprobar definitivamente a relación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa da actuación industrial Río do Pozo (sector II) en Narón (A Coruña) que inclúe os predios nº 200-01 e 206.

Con data do 24 de maio de 2001, e logo de consignación das cantidades correspondentes ós depósitos previos e indemnizacións polo prexuízos derivados da rápida ocupación, levantouse acta de ocupación dos referidos predios.

Con data do 23 de xullo de 2002, o Xurado Provincial de Expropiación Forzosa da Coruña resolveu fixa-los prezos xustos dos predios nº 200-01 e 206, polo que se convocan, de acordo co disposto nos artigos 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa e disposicións concordantes, os afectados polo citado expediente de expropiación o próximo día 25 de setembro de 2002, no Concello de Narón, 3ª planta, co fin de proceder ó pagamento dos prezos xustos acordados en metálico, ós que comparezcan e acrediten debidamente a titularidade sobre os dereitos e bens afectados ou no seu defecto, e de conformidade co artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, á súa consignación na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Economía e Facenda.

De acordo co disposto no artigo 49.4º do Regulamento de expropiación forzosa , a tal acto deberán asisti-los titulares e non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa especial, para este caso.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, para os titulares descoñecidos ou dos que se ignore o seu domicilio.

Nº de predio: 200-01.

Titular: Hnos. Fernández Robles.

Hora: 12.15.

Nº de predio: 206.

Titular: descoñecido.

Hora: 12.30.

Narón, 12 de setembro de 2002.

Juan Gato Díaz

Alcalde

Alfonso de Prado Fernández Canteli

Secretario xeral