Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión extraordinaria realizada con data 4 de xullo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 2 do SU-21 do PXOU de Ourense, por instancia de Miguel Ángel Pérez Moreiras, en representación da xunta de compensación do mencionado ámbito de xestión urbanística.

As garantías para asegura-la correcta execución das obras de urbanización e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación esixiranse de conformidade co disposto no artigo 41 do RXU, en proporción ás cotas de urbanización de cada un dos soares resultantes fixados no proxecto de compensación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 8 de agosto de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente