Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello da Lama. Dependencia: Secretaría. Expediente: obra nº 56/215.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: vía O Pelete-río Verdugo. División por lotes e nº: non. Lugar de execución: O Pelete, O Valciño. Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 104.499,55 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base. Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Lama; avda. José Antonio, 1, A Lama, CP 36830. Teléfonos: 986 76 82 38, 986 76 80 36, fax: 986 76 82 82.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económico-financeira e técnica ou profesional por calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo terceiro día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: o indicado no punto 6.

O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Lama; avda. José Antonio, 1, A Lama.

Data: terceiro día hábil seguinte, agás sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Hora: 12 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Lama, 21 de agosto de 2002.

O alcalde

Rubricado