Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Acordo do 5 de agosto de 2002 da Comisión de Goberno Municipal, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante poxa, para a execución das obras de peche do espacio de almacén e urbanización xeral na pista do CEIP de San Xoán de Filgueira.

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: peche do espacio de almacén e urbanización xeral na pista do CEIP de San Xoán de Filgueira.

2. Orzamento: 121.629,20 euros, incluído IVE.

3. Aplicación orzamentaria: ano 2002: 22000-4221-60101.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación: categoría: D, grupo: C, subgrupos: 2, 3, 6.

6. Lugar e hora de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Ferrol en horas de 9 a 13 os días hábiles, durante o prazo de presentación

de ofertas. Así mesmo, poderán presentarse nas oficinas de correos, nas representacións diplomáticas ou nas oficinas consulares de España no estranxeiro segundo se establece na cláusula 11 do prego de condicións.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir da data de publicación do anuncio no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo este trasladarase ó seguinte día hábil).

8. Garantía provisional: 2.432,58 euros.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: si.

Outros datos:

Información teléfono: 981 33 67 00, extensión: 174 e 179. Negociado de Educación.

Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: Negociado de Educación do Concello de Ferrol.

Número de fax do rexistro xeral: 981 35 41 22.

Enderezo do Concello de Ferrol: praza de Armas, s/n, 15402 Ferrol (A Coruña).

Ferrol, 9 de setembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde