Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de maio de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé presentado pola xunta xestora da xunta de compensación da AEI-24, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de maio de 2002, adoptou o seguinte acordo: 16. Proposta de aprobación inicial do proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé. Examinada a proposta que eleva a Comisión Informativa de Urbanismo, que textualmente di: «Francisco Formoso Montero, en representación da xunta xestora da xunta de compensación da AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, DNI nº 32631773-V, solicitou a delimitación da área de execución integral 24 (AEI-24) na rúa Poeta Pérez Parallé. Visto informe favorable do arquitecto de planeamento e xestión, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión celebrada o 16 de maio de 2002, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñer ó Concello Pleno a adopción dos seguintes acordos: primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, presentado pola xunta xestora da xunta de

compensación da AEI-24, redactado polo arquitecto Carlos Climent Ortiz, e que comprende unha superficie de 29.587,67 m situada no barrio de Canido co ámbito recollido nos planos ED-02 e ED-05 que constan no expediente. Segundo.-Determinar para o citado ámbito, como sistema de actuación urbanística, o de compensación, segundo o acordo do Concello Pleno de data 31 de xaneiro de 2002 polo que se modificou o sistema de xestión da AEI-24. Terceiro.-Somete-lo citado proxecto de delimitación do polígono en solo urbano non consolidado

a información pública durante o prazo de vinte días hábiles, con notificación persoal ós propietarios afectados e a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 121 da LSG». A corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos Sres./as. asistentes, acordou aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos».

Ignorándose o domicilio dos propietarios das parcelas con referencia catastral 1250301, 1551205, 1653228, 1653234, 1551236, 1250347, 1653232, 1250310 1452908, notifícaselles conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 18 de xullo de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde