Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO de concurso.

A contratación por concurso, con procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria para a contratación do servicio que se cita.

Obxecto: elaboración dunha auditoría ambiental, dos plans de acción, seguimento e participación cidadá e cadro de indicadores da axenda 21 no Concello de Curtis.

Orzamento: 42.800 euros (ano 2002: 16.100 euros, e ano 2003: 26.700 euros).

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos de cláusulas: rexerán as incorporadas ó expediente segundo Decreto da Alcaldía de data 10-9-2002. Poden ser examinados na secretaría do

concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horario das nove ás catorce horas.

Presentación de ofertas: no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, desde as nove ás catorce horas, dentro do prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, do xeito que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Gasto de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

En Teixeiro, Curtis, 11 de setembro de 2002.

Rubricado