Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Arbo (Pontevedra).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 07/2002.

2. Obxecto.

É obxecto deste concurso con procedemento aberto a execución do proxecto de estación de captación e bombeo de auga desde o río Miño ó depósito de Barcela, incluído no POL/2002.

Prezo: 80.878,12 A.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Os esixidos polas cláusulas do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Arbo.

-Entidade: Concello de Arbo.

-Domicilio: praza do Concello, nº 1.

-Localidade: Arbo 36430.

d) Prazo durante o que o licitador queda na obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día de apertura das propostas.

7. Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas, na sede do concello.

8. Outras informacións.

a) O alcalde aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto, que se expón ó público para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, polo prazo de oito días hábiles.

b) Modelo de proposición: axustarase á correspondente que figura no prego de cláusulas administrativas.

9. Obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Arbo (secretaría).

b) Domicilio: praza do Concello, nº 1.

c) Localidade: Arbo 36430.

d) Teléfono: 986 66 50 00.

e) Telefax: 986 66 50 11.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Arbo, 11 de setembro de 2002.

Horacio Gil Expósito

Alcalde-presidente en funcións