Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación nomeado Pedra Buxiña número 2882.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por Resolución do 4-2-2002, se outorgou a Granitos Tebra, S.L., o permiso de investigación nomeado Pedra Buxiña nº 2882 dunha cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Salceda de Caselas, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 34' 00''42º 05' 40''

28º 33' 40''42º 05' 40''

38º 33' 40''42º 05' 20''

48º 34' 00''42º 05' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de agosto de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra