Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación nomeado Gramela número 2971.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por Resolución do 11-6-2002, se outorgou a Granitos de Atios, S.A., o permiso de investigación nomeado Gramela nº 2971, de 142 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Cuntis, Moraña e Campo Lameiro, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 36' 00''42º 37' 40''

28º 33' 20''42º 37' 40''

38º 33' 20''42º 36' 40''

48º 31' 20''42º 36' 40''

58º 31' 20''42º 34' 20''

68º 30' 40''42º 34' 20''

78º 30' 40''42º 32' 40''

88º 33' 20''42º 32' 40''

98º 33' 20''42º 34' 00''

108º 32' 40''42º 34' 00''

118º 32' 40''42º 34' 40''

128º 33' 20''42º 34' 40''

138º 33' 20''42º 35' 00''

148º 36' 00''42º 35' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de agosto de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO