Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou a concesión directa de explotación nomeada Villagarcía número 2816.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 19-4-2002, se outorgou a Granitos Fernández Fernández, S.L., a concesión directa de explotación nomeada Villagarcía nº 2816, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 44' 00''42º 37' 00''

28º 43' 20''42º 37' 00''

38º 43' 20''42º 36' 40''

48º 44' 00''42º 36' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 28 de agosto de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra