Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.815

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DE VIGO

CÉDULA de citación (81/2000).

Tribunal que ordena citar:

Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Vigo.

Asunto no que se acorda:

Separación contenciosa.

Persoa que se cita:

Joaquín Pérez Álvarez.

Obxecto da citación:

Asistir á vista convocada para oí-las partes sobre o incidente de execución suscitado.

Lugar no que debe comparecer:

Na sede deste xulgado, sito na rúa Lalín, nº 4, 1ª planta.

Día e hora na que debe comparecer:

O día 22 de maio de 2003, ás 13 horas.

Prevencións legais:

1. En caso de inasistencia do demandado non se suspenderá a vista, debendo concorre-los litigantes cos medios de proba de que intenten valerse coa prevención de que, se non asistiran e se propuxera e admitira a súa declaración, poderán considerarse admitidos os feitos do interrogatorio (artigo 305 LAC).

2. As partes, no prazo dos tres días seguintes á recepción desta citación, deberán indica-las persoas que por non poderse presentar elas mesmas, deban ser citadas polo tribunal á vista para que declaren en calidade de partes ou de testemuñas. Para tal fin, facilitarán tódolos datos e circunstancias precisas para levar a cabo a citación.

3. Para o caso de incomparecencia á vista, prevense as partes de que se o demandante non asiste e o demandado non alega interese lexítimo na continuación do proceso, se lle terá por desasistido a aquel da demanda, impoñéndolle as custas causadas e con indemnización ó demandado comparecido.