Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.815

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (215/2002).

Marina Pilar García de Evan, secretaria substituta do Xulgado do Social número dous de Santiago de

Compostela, dou fe que nos presentes autos de xuízo verbal número 215/2002, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Natalia Trabadelo Trabadelo, contra Pub Ultramarinos e Fogasa, en reclamación de despedimento, dictouse, con data do 27 de agosto de 2002, sentencia, cun dictame que é do teor literal seguinte:

Que debo rexeita-la demanda interposta por Natalia Trabadelo Trabadelo contra Pub Ultramarinos e o fondo de garantía salarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia.

E para que sirva de notificación de sentencia a Pub Ultramarinos, domicilio na rúa Casas Reais, nº 34-36, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolle saber que contra esta cabe recurso de suplicación.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela, martes, 27 de agosto de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA