Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.815

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2002 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de técnico en contabilidade e control orzamentario.

De conformidade co disposto na base 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de técnico en contabilidade e control orzamentario, convocada por Resolución do 9 de abril de 2002, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria, resolvo:

Noméase persoal laboral fixo do CIXTEC, na categoría de técnico en contabilidade e control orzamentario, grupo II, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo I.

As persoas ás que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Persoal laboral fixo do CIXTEC, categoría técnico en contabilidade e control orzamentario:

Nome e apelidos: Juan Casal Pernas.

DNI: 33284602-Z.

Grupo: II.

Categoría: 7.

Denominación: técnico en contabilidade e control orzamentario.

Localidade: Santiago de Compostela.