Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.814

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo do CIXTEC, convocadas pola Resolución do 21 de marzo de 2002 (DOG do 22 de maio), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo na categoría de auxiliar administrativo, que figuran no anexo da presente resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, a documentación a que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de auxiliar administrativo do CIXTEC:

Nome e apelidos: Mª Jesús Prieto Villar.

DNI: 76568779-P.

Nota 1º exer.: 15.

Nota 2º exer.: 6,25.

Nota 3º exer.: 5,5.

Nota 4º exer.: apto.

Total: 26,75.