Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, pola Orde do 19 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo desta orde.
Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtén praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e tal como dispón a base sétima da convocatoria.
O cómputo de prazo de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, lle fose concedido ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado a Dirección Xeral da Función Pública.
Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán inter
poñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO
Apelidos e nome: López del Castillo Guerrero, Juan Ignacio.
NRP: 2247145935A2066.
Grupo: A.
Corpo/escala: facultativo superior.
Código do posto: MA.C99.10.301.15001.002.
Denominación do posto: director Espacios Naturais.
Centro directivo: Delegación Provincial da Coruña.
Localidade: A Coruña.
Nivel c. destino: 26.
CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,
ECONÓMICO-FINANCEIRA
E CONTABLE