Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

O Pleno do Concello de Tui, en sesión do día 31 de xullo de 2002 acordou, de conformidade co disposto no artigo 42 da Leo do solo de Galicia, logo do informe do equipo redactor:

1. A suspensión das licencias de edificación, parcelación de terreos e usos ata que sexa aprobado inicialmente o PXOM, actualmente en tramitación en todo o termo municipal, con excepción daquelas áreas onde non se prevén cambios substanciais na planificación e que se concretan nas seguintes:

a) Núcleos rurais con excepción da banda de extensión ou tolerancia.

b) Unidades de execución no solo urbano onde existan expedientes de planificación ou xestión en tramitación ou aprobados.

c) Solos urbanizables con plan parcial aprobado ou en tramitación.

2. A suspensión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP e no DOG, procedéndose así mesmo á súa inserción nun xornal de tirada provincial.

O que se fai público para tódolos efectos.

Tui, 8 de agosto de 2002.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde