Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do cuarteirón número 45 do PEEC (expediente 6706/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 11 de xullo de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos para conservar de Vigo, no cuarteirón 45, polo que se alteran as características do paso ó aproveitamento público interior e se establecen novas aliñacións, conforme a memoria e documentación elaborada polo arquitecto José Antonio Comesaña García, visada polo colexio profesional o 5 de xaneiro de 2001 e 22 de xuño de 2001, someténdoo a información pública na forma prevista no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, do 24 de marzo de 1997, e con notificación individual ós propietarios afectados.

Segundo.-De conformidade co artigo 34 da Lei do solo de Galicia, suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición nas parcelas sinaladas cos números 10 e 12 da rúa Irmandiños.

Terceiro.-Solicitar, de conformidade co artigo 78.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, informe que se entenderá emitido favorablemente se transcorrido un mes desde o requirimento non se tivese emitido».

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o mes contado desde o día seguinte ó da última publicación.

O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 21 de agosto de 2002.

Xabier Toba Girón

Alcalde-presidente accidental da Xerencia

Municipal de Urbanismo