Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 29 de xullo de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle do ámbito do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 13 (SUNP-13) estrada da Estrada, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno aprobou inicialmente a modificación da delimitación do polígono único do Plan parcial do SUNP-13, que afecta as parcelas número 1, 2, 3, 4, 5, 10 e 30 do plano parcelario.

En cumprimento do que se dispón nos artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes someteranse a información pública durante o prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión do concello e formula-las alegacións que xulguen oportunas, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), ós propietarios que a seguir ser relacionan:

ParcelaPropietario

1Josefina Tallón Hortas

2Roberto Pereira Vidal

3Luis Fegueirido Gómez

4Nemesio Vidal Nogueira

5María Pousa Antelo

10José González García

30Ramón Gondelle Sayáns

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo