Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Expediente FG nº 448 e 452.

Por resolución desta alcaldía 4127/2002, do 30 de xullo de 2002, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle e o proxecto de reparcelación da U.A. nº 6, en Maianca, así como a modificación do sistema de actuación previsto no artigo 15 do PXMO polo de cooperación.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública dos citados expedientes nas oficinas municipais de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes o estudio de detalle, e de vinte días tanto o proxecto de reparcelación como a modificación do sistema de actuación, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computarán desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 26 de agosto de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta