Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a subministración seguinte:

Obxecto: amoblamento da escola infantil municipal As Galeras.

Orzamento de licitación: 83.828 euros.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Taxas do contrato: 65,43 euros.

Prazo de execución: un mes.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de sete días (7) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG, ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 6 de setembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa