Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da convocatoria de dúas prazas de auxiliar administrativo.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 31 de xullo de 2002, aprobou as bases específicas para a provisión en propiedade, por promoción interna, de dúas prazas de auxiliar administrativo pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativo, grupo D, nivel 18, incluídas na oferta de emprego público do ano 2001.

No BOP de Pontevedra nº 166, do 30 de agosto de 2002, publícanse integramente as bases citadas.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto no Boletín Oficial del Estado, significando que os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria se publicarán no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Nigrán, 2 de setembro de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde