Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso con procedemento aberto, trámite de urxencia, para a execución da obra de rehabilitación de Villa Lucinda para sede da Policía Local, 2ª fase.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: rehabilitación de Villa Lucinda para sede da Policía Local, 2ª fase.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 84.342,70, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de oferta: trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo. rexistro xeral das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o primeiro xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: aproximadamente 500 euros.

Culleredo, 30 de agosto de 2002.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde