Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de hostalería.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2001, do convenio colectivo para o sector de hostalería, con número de código 3600765, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-7-2002, subscrito pola comisión paritaria do convenio, en data 17-6-2002. De conformidade co disposto nos arti

gos 24 e 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de agosto de 2002.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de pontevedra

En Vigo, 17 de xuño de 2002, nos locais sociais da Cep (Confederación Provincial de Empresarios) sitos na rúa García Barbón, 104-baixo, Vigo, sendo as 17 horas, reúnense as persoas que se detallan a continuación, na súa condición de membros da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra que se relacionan:

Asistentes:

María del Tránsito Fernández Fernández (CIG).

José Antonio Boullosa Gómez (UGT).

Santiago Martín Iglesias (CC.OO.).

José Manuel Barbosa Suárez (ASEHOSPO).

Carlos Rodríguez Cerdeira (FEPROHOS).

Orde do día:

Único.-Revisión salarial ano 2001, de acordo cos artigos 24 e 25 do convenio colectivo de hostalería para a provincia de Pontevedra.

Acordan:

Que efectuados os cálculos, de acordo cos artigos 24 e 25 do convenio colectivo de hostalería para a provincia de Pontevedra, respecto do IPC previsto polo Goberno para o ano 2001 (que foi un 2%) e aplicado xa de acordo coa acta desta mesma comisión paritaria de data 12 de febreiro de 2001, e o IPC real ó 31-12-2001, segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística), aqueles quedan fixados nas contías reflectidas na táboa adxunta.

Así o acordan e asinan tódolos membros da comisión paritaria na data sinalada ó comezo.

Asdo. pola representación empresarial:

José Manuel Barbosa Suárez.

Carlos Rodríguez Cerdeira.

José Gago Blanco (secretario actas).

Asdo. pola representación sindical:

Santiago Martín Iglesias.

José Antonio Boullosa Gómez.

María del Tránsito Fernández.

ANEXO

NivelTáboa 2000Salario 2000

(revis. 1,25%)

Salario 2001

(revis. 2%)

Salario 2001

(revis. 0,70%)

Salario 2001

(revis. 2,7%)

Salario

anual

1930,28941,91960,746,59967,3414.510,06

2896,51907,71925,876,35932,2213.983,34

3879,28890,27908,086,23914,3113.714,66

4848,27858,88876,056,01882,0713.230,99

5834,49844,92861,825,91867,7313.016,01

6824,16834,46851,155,84856,9912.854,81

7810,37820,50836,915,74842,6612.639,83

8796,59806,55822,685,65828,3312.424,94

9779,36789,10804,895,52810,4112.156,16

10765,58775,15790,665,43796,0811.941,18

11751,80761,20776,425,33781,7511.726,28

12741,46750,73765,745,26771,0011.565,00

13727,68736,73751,515,16756,6211.349,27

14713,90722,83737,285,06742,3411.135,12

15696,67705,38719,494,94724,4210.866,35

16682,89691,42705,254,84710,0910.651,36

17672,56680,96694,584,77699,3510.490,26

18655,33663,52676,794,64681,4410.221,58

19644,99653,05666,114,57670,6810.060,20

20631,21639,10651,884,47656,359.845,31

21617,43625,14637,654,38642,029.630,32

22603,64611,19623,414,28627,699.415,34

23586,42593,75605,634,16609,789.146,75

24572,64579,80591,404,06595,458.931,76

25562,30569,33580,723,99584,708.770,48

26545,07551,89562,923,86566,798.501,79

27338,35342,58349,432,40351,835.277,40

28436,06441,51450,343,09453,436.801,45

(Cantidades expresadas en euros).

Complemento de transporte:

Ano 2000: 2,11 euros.

Ano 2000 (revisión 1,25%): 2,13 euros.

Ano 2001 (revisión 2%): 2,17 euros.

Ano 2001 (revisión 0,7%): 2,18 euros.