Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.737

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga), fábrica de apósitos.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga), fábrica de apósitos (código 1500431) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-8-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 1-8-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo do Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de agosto de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana María Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo de la empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga), fábrica de apósitos

Capítulo I

Ámbito persoal

Quedan afectados por este convenio a totalidade dos traballadores que presten os seus servicios na fábrica de apósitos da Cooperativa Farmacéutica Gallega, sita no polígono de Pocomaco, parcela A-4, A Coruña, agás a persoa ou persoas que aínda estando no cadro de persoal, se consideran representantes da empresa, en razón dos cargos que ocupen.

A duración deste convenio fixarase desde o 1-1-2001 ata o día 31-12-2001; de non existir denuncia por unha das partes este convenio prorrogarase automaticamente.

O prazo de aviso previo de denuncia do convenio queda fixado en tres meses, por calquera das partes cunha comunicación previa entre ambas.

Capítulo II

Condicións sociais

Artigo 1º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións de traballo que sexan superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 2º.-Clasificación do persoal.

Revisión anual de categorías, dentro dos dous primeiros meses do ano, publicarase no taboleiro de anuncios da empresa, a escala destas, pechada o 31 de decembro anterior, podendo o persoal formula-las reclamacións que sexan oportunas no prazo dun mes.

a) Ascensos: os ascensos rexerán para tódalas categorías e en igualdade de condicións e criterios.

Artigo 3º.-Contrato de traballo para a formación.

Remítese o artigo 2, punto 5º, do Estatuto dos traballadores.

Formación continua: ámbalas partes acordan aterse ó establecido nos proxectos presentados ó FORCEM, así como ó texto presentado pola parte social no anteproxecto do convenio.

Artigo 4º

A xornada laboral será de 39 horas de traballo efectivo semanal.

Artigo 5º.-Horas extras.

Terán o incremento do 75% sobre a hora ordinaria e poderanse compensar co tempo equivalente en descanso.

Capítulo III

Vacacións

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a trinta días naturais de vacacións, podendo desfrutalas de forma ininterrompida ou en dous períodos, sempre que isto non afecte o desenvolvemento do traballo normal da industria, nin complique o desfrute delas por outros compañeiros. O cadro de vacacións presentarase dentro dos dous primeiros meses do ano. A empresa concederá unha bolsa de vacacións consistente en 130,61 euros, a todo o persoal, sexa cal sexa a época do ano en que as desfrute.

Capítulo IV

Incapacidade laboral transitoria

Artigo 1º.-Incapacidade laboral transitoria.

Os traballadores que se atopen en incapacidade laboral transitoria percibirán o salario real ata os 18 meses (salario base, antigüidade, complemento de rendemento, complemento de convenio e complemento de transporte).

Prestacións.

A empresa aboaralles ós traballadores que teñan fillos diminuídos psíquicos, ou minusválidos a can

tidade de 142,90 euros por cada un deles e por mes. Amplíase ós traballadores/as con cónxuxes con invalidez total, aplicándolle-la axuda por fillos diminuídos, sempre que non se cobre pensión por invalidez de calquera tipo e logo de comprobación médica e contributiva pertinente.

a) Premio de permanencia: de acordo co convenio anterior, amplíanse as cantidades por este concepto ás seguintes contías:

-Por 20 anos de servicio: 693,1 euros.

-Por 40 anos de servicio: 1.464,60 euros.

b) Axudas escolares: a empresa facilitará bolsas anuais de axuda universitaria, para tódolos empregados e fillos de empregados que demostrasen capacidade nos estudios cursados.

c) Servicio militar: respectarase o posto de traballo durante o período de servicio militar obrigatorio ou voluntario. O traballador casado percibirá 4 pagas extraordinarias como se estivese traballando.

Capítulo V

Licencias, excedencias e cesamentos voluntarios

Artigo 1º

a) Licencias: quince días laborables en caso de matrimonio, cinco días en caso do falecemento de pais do traballador ou dos do seu cónxuxe, fillos, netos, avós ou irmáns, que serían ampliados a seis días, cando estivese obrigado a realizar un desprazamento superior a 300 km.

Cinco días ó ano por asuntos persoais, con previa solicitude á empresa. Sete días por parto da muller ou filla solteira. Dous días por traslado de domicilio habitual. Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

A empresa facilitará todos os permisos xustificados para efectuar exames, polo tempo que resultase necesario.

b) Excedencias: os traballadores cun ano de servicio na empresa poderán solicitar excedencia voluntaria por un período dun mes a cinco anos, ó cabo dos cales e cun aviso previo dun a tres meses de antelación, terán dereito á reintegración ó seu posto de traballo sempre que exista vacante ou na primeira que se presente. O tempo que o traballador estea en situación de excedencia non será computable a ningún efecto.

A empresa concederá excedencias obrigatorias sempre que medien razóns xustificadas, estudios, problemas familiares, etc.

As peticións de excedencias serán resoltas pola empresa, unha vez oído o comité de empresa.

As excedencias por cargos políticos ou sindicais poderán ser solicitadas polos traballadores sen que sexa necesario o ano de antigüidade, sempre que leven traballado un mínimo de seis meses.

c) Licencias especiais: os traballadores poderán solicitar sen dereito a ningunha retribución dúas licencias especiais ó ano que non deberán exceder normalmente de 20 días entre ámbalas dúas, sen que supoña exclusión do cómputo de antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

d) Cesamentos voluntarios: o traballador poderá desistir da relación laboral en calquera momento, sen máis requisito que o aviso á empresa con quince días de antelación.

Artigo 2º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores poderán acollerse ó sistema de xubilación anticipada ó cumpriren os 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo a empresa substituí-los traballadores simultameamente co seu cesamento, por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 3º

a) Xubilación voluntaria: a xubilación será voluntaria ós 60 anos. Á sinatura deste convenio a empresa quedará obrigada a negociar co comité de empresa, así como cos traballadores interesados individualmente, un plan de xubilación voluntaria.

b) Xubilación forzosa: tódolos traballadores pertencentes á empresa deberán xuntarse con carácter forzoso ó cumpriren os 65 anos.

Artigo 4º.-Complemento de transporte.

A partir da sinatura do convenio, será variable segundo a asistencia.

a) Dividirase a dita gratificación entre 30 días, dando a cantidade que se descontará por absentismo.

b) Non se terá en conta á hora do desconto:

1. Tódalas licencias e permisos dados pola lei.

2. A primeira baixa por incapacidade laboral transitoria.

3. Baixas por hospitalización, maternidade, enfermidade profesional e accidente de traballo.

4. Dous atrasos nun mes. Sendo por tres ou máis de tres o desconto dun día de complemento.

c) O desconto do complemento que deixasen de percibi-los traballadores repartirase ó remata-lo ano (nómina de xaneiro do ano seguinte), entre aqueles nos que a súa media anual sexa inferior á media anual de absentismo e de maneira proporcional ós días de presencia.

d) A media de absentismo anual calcularase tendo en conta exclusivamente as baixas por incapacidade laboral transitoria e as ausencias sen xustificar.

Capítulo VI e VII

Garantías sindicais

Os traballadores non poderán sufrir ningún tipo de represión ou discriminación polo feito da súa afiliación sindical.

As garantías recoñecidas ós representantes dos traballadores, referentes a despedimentos e sancións, serán mantidas durante dous anos despois de cesar no cargo.

Artigo 1º.-Dereitos da sección sindical.

Os traballadores afiliados a unha central sindical, poderán constituír no seo da empresa a sección sindical da empresa. Cando a sección sindical teña unha afiliación equivalente ó 10 % do cadro de persoal disporá dos seguintes medios:

-Taboleiro de anuncios da súa central sindical, para propaganda desta.

-Dereito a desconto en nómina das cotas sindicais ós interesados, sempre que o autorizasen por escrito e sendo unha cantidade fixa.

Artigo 2º.-Comité de empresa.

Recoñécese como o órgano representativo na empresa, ó comité elixido polos traballadores.

Os representantes dos traballadores disporán dun máximo de 40 horas mensuais remuneradas ó salario real, para actividades sindicais de toda índole. Non se deducirán destas as utilizadas por petición da empresa. Estas 40 horas entenderanse que se disporán para asuntos sindicais e de forma acumulada de 20 horas remuneradas por cada un dos membros que o compoñen, sendo o comité quen de maneira colexiada dispoña do seu uso e o xustifique. Os membros do comité a título individual disporán doutras 20 horas remuneradas ó mes, que se poderán acumular entre eles para a súa utilización.

Así mesmo, será o comité o que controle o tempo sindical, xustificando o seu emprego cando o requira a empresa.

A empresa disporá de local para a actividade dos delegados do comité.

O comité de empresa poderá cumprir tarefas informativas no interior da empresa en horas e traballo, sen interromper nin prexudica-lo proceso de producción.

O comité de empresa estará debidamente informado do tema socio-económico da empresa e de todo o que a lexislación vixente rexistra, a este respecto, a empresa informará trimestralmente, sobre a situación económico financeira e da realización de horas extraordinarias o comité.

Cunha antelación máxima de seis meses, a empresa deberá informa-lo comité cando pretenda peches, absorcións, traslados, fusións, etc.

Se se producise desconformidade entre a empresa e os traballadores en calquera centro de traballo que afecte a este convenio, antes de tomar calquera dilixencia parcial, intentarase resolver mediante unha reunión do comité intercentros (formado por tódolos delegados de persoal de tódolos centros de traballo) e a empresa, de non se chegar a acordo, trasladarase á delegación provincial da Consellería de Traballo, para que resolva.

Axudas de custo do comité intercentros: a empresa aboaralles ós membros do comité intercentros, en concepto por axuda de custo de comida 15,025 euros, por cada un deles, así como, a contía estipulada por quilómetro e peaxes de autoestrada cando se despracen en vehículos propios, cun tope máximo de catro reunións ó ano, excluíndose destas as reunións propias da negociación colectiva e as que se realicen coa dirección da empresa.

O comité de empresa terá garantida a súa audición na comisión de organización do traballo, no establecemento das primas, ritmos, valoración de postos de traballo, duración das xornadas laborais, promocións, ascensos.

Así mesmo, o comité de empresa, poderá convoca-las asembleas que necesite, nos locais da empresa fóra das horas de traballo, logo de comunicación á dirección da empresa. O conxunto do cadro de persoal disporá de doce horas anuais retribuídas, para realizar asembleas nos locais da empresa.

A convocatoria da asemblea será feita polo comité de empresa, que tamén presidirá a asemblea, logo de acordo coa dirección e sen prexuízo da producción.

Capítulo VIII e IX

Seguridade e hixiene

Artigo 1º

Establecerase un comité de prevención de riscos laborais, contituído por dous membros do comité de empresa e outros dous representantes nomeados pola empresa, coas funcións que lles asigne a lexislación vixente.

Artigo 2º.-Revisión médica.

Efectuaráselle unha revisión médica anual obrigatoria ó conxunto do cadro de persoal. Esta revisión será controlada polo comité de prevención de riscos laborais.

Capítulo X

Condicións económicas

Artigo 1º.-Pagas extraordinarias.

Seguiranse mantendo as pagas establecidas, que se aboarán nas seguintes datas e polos cómputos: soldo, antigüidade e complemento de rendemento.

1ª paga, día 15 de marzo.

2ª paga, día 15 de xullo.

3ª paga, día 15 de setembro.

4ª paga, día 15 de decembro.

Artigo 2º.-Axuda por defunción.

No caso de falecemento do traballador cun ano de antigüidade polo menos na empresa, esta queda obrigada a pagarlles ós seus habentes-dereito o importe de dúas mensualidades iguais cada unha delas, á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela. A empresa disporá dun prazo de dous meses, a partir

da publicación deste convenio no BOP da Coruña ou Diario Oficial de Galicia, para concertar póliza que cubra esta continxencia, a cal cubrirá os procesos iniciados a partir de tal prazo.

Artigo 3º.-Incremento salarial.

Incremento do IPC previsto polo Goberno (2%) na nómina do mes de setembro con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2001.

Revisión con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2001 igual ó que o IPC real supere o 2% previsto o 31 de decembro de 2001 na nómina do mes de febreiro de 2002.

Cláusulas adicionais

Primeira.

Tódalas referencias deste convenio, en relación co comité de empresa, enténdense extensibles ós delegados de persoal.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio, forma un total indivisible, pois as condicións pactadas estimáronse globalmente. Se a autoridade laboral competente non aprobase algunha das cláusulas ou se indicase a introducción de modificacións que poidan alterar esa globalidade a que fai referencia, o convenio reconsiderase na totalidade do seu contido.

Terceira.-O complemento de convenio e o de transporte non serán computables para efectos do cálculo do importe da antigüidade.

Cuarta.-Garantías do posto de traballo.

Durante a vixencia deste convenio respectaranse os postos de traballo, salvo causas xustificadas.

Quinta.-Mobilidade do cadro de persoal.

A empresa poderá despraza-los traballadores afectos ó cadro de persoal dos centros de traballos dela, situados na Coruña, isto é, almacén de Pocomaco e fábrica de apósitos, durante o tempo que estrictamente sexa preciso e motivado por necesidades de servicio, sen que isto implique variación do horario que cada respectivo centro viña realizando, e sen que os traballadores desprazados deixen de pertencer ós seus respectivos cadros de persoal. A dita mobilidade deberá recibi-lo informe favorable do comité de empresa, cando a criterio da dirección da empresa, o esixan as necesidades do servicio.

Sexta.-Promoción interna da muller.

Ámbalas partes de acordo coa directiva 76/207/CEE promoverán a acción positiva como instrumento para a igualidade de oportunidades entre homes e mulleres.

Sétima.-Protección da dignidade do home e da muller no traballo.

Conforme a recomendación da CEE 1992/131 a empresa comprométese a previr e sancionar todo tipo de conductas que atenten contra este principio.

Oitava.-Canle de información.

A partir da sinatura deste convenio, todo conflicto ou discrepancia non só con relación ó convenio, senón a tódolos que se susciten en calquera centro de traballo de Cofaga, será canalizado a través do comité intercentros para que este o remita ó departamento de persoal facendo así a comunicación máis fluída entre os representantes dos traballadores e a parte empresarial.

Novena.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria da representación da partes negociadoras; formada por tres persoas, para atender cantas cuestións lle sexan atribuídas, e a determinación dos procedementos para solventa-las discrepancias no seo da comisión.

CategoríaS. baseC. rend.C. conv.C. transp.Sal. anual

Director técnico963,3982,20183,2341,1519.422,01

Mestre taller934,8082,20163,5341,1518.728,17

Contramestre874,44982,20157,41741,14517.689,132

Ax. encargado774,82582,20147,18841,14515.972,402

Ax. especial741,63782,20143,78041,14515.400,502

Auxiliar723,47482,20141,92341,14515.087,616

Oper. pregador708,35982,20140,36641,14514.827,089

Oper. serra708,35982,20140,36641,14514.827,089

Empaquetadora691,70582,20138,87041,14514.542,666

Limpadora674,52882,20135,91341,14514.232,351