Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do Grupo de Espectáculos e Deportes da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do Grupo de Espectáculos e Deportes da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-8-2002, susbcrito pola comisión paritaria de interpretación do convenio o día 17-7-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existentes nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de agosto de 2002.

P. S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana María Lado Eiriz

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo provincial para o Grupo de Espectáculos e Deportes da provincia da Coruña

Reunidos na Coruña, o 17 de xullo de 2002, en representación da parte empresarial Gerardo Villarino Gómez e Juan Amil Míguez, e pola parte social Lois Soto Sabio (CIG), Juan Trigo Espiñeira (UGT) e Sandra López Naveira (CC.OO.).

ACORDAN:

Primeiro.-Segundo o estipulado no artigo 3 do convenio colectivo, prorroga-lo seu texto e actualiza-las táboas salariais para o ano 2002, que son as que se xuntan.

Segundo.-Así mesmo, esta comisión paritaria entende que os/as traballadores/as que desenvolven a función de socorristas son equiparables ós oficiais de primeira.

Terceiro.-Facultar a Lois Soto Sabio para efectos de rexistrar esta acta na Delegación de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos do seu rexistro e publicación.

O que asinan no mesmo lugar e data do encabezamento.

Gerardo Villarino GómezJuan Amil Míguez

RubricadoRubricado

Lois Soto SabioJuan Trigo EspiñeiraSandra López Naveira

Rubricado Rubricado Rubricado

Táboa salarial deportes 1-4-2002 ó 31-3-2003

CategoríasMensual/eurosAnual/euros

Titulado grao superior1.039,4017.712,68

Titulado grao medio830,9114.376,84

Persoal administración

Xefe negociado819,3914.509,32

Oficial 1ª792,2813.758,76

Oficial 2ª762,2313.277,96

Auxiliares731,4912.786,12

Persoal obreiro

Encargado de 1ª799,5313.874,76

Encargado de 2ª799,5313.874,76

Oficial 1ª791,3713.744,20

Oficial 2ª762,2313.277,96

Oficial 3ª733,9712.825,80

Encargado de cabina703,0612.331,24

Operarios de limpeza703,0612.331,24

Peóns703,0612.331,24

Complemento de convenio mensual: 58,99 euros

Complemento de convenio anual:707,87 euros

Bolsa vacacións: 1-4-2002 ó 31-3-2003= 374,41 euros