Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de agosto de 2002 pola que se convocan para o ano 2002 axudas para o desenvolvemento de cursos e seminarios de formación e capacitación de agricultores e das súas familias, que van impartir asociacións sen ánimo de lucro vinculadas ó sector agrario da Comunidade Autónoma.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 169, do 3 de setembro de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 14º.5 c), onde di: «Un director dun centro..., nomeado polo secretario da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural», debe dicir: «Un director dun centro..., nomeado polo secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural».

No artigo 14º.5 in fine, onde di: «O secretario da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural...», debe dicir: «O secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural».

No artigo 14º.5 e), onde di: «...e por proposta do secretario da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural...», debe dicir: «...e por proposta do secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural...».

Na disposición derradeira, onde di: «Facúltase o secretario da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural...», debe dicir: «»Facúltase o secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural...».

Os anexos II e IV entenderanse substituídos polos que se referencian a continuación, sen que o prazo de presentación de solicitudes varíe e dando por válidas aquelas presentadas ata a data de publicación da presente corrección de erros.