Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno da Corporación en sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de xullo de 2002, aprobouse o expediente administrativo para contratar, mediante concurso por procedemento aberto, mediante concesión, a xestión indirecta do Servicio de Atención á Primeira Infancia na Gardería Municipal.

A través do presente anuncio convócase licitación conforme as seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mondoñedo.

2. Obxecto do contrato: a concesión administrativa do Servicio de Atención á Primeira Infancia na Gardería Municipal de Mondoñedo.

3. Tramitación ordinaria mediante concurso por procedemento aberto.

4. Prazo do contrato: cinco anos, podendo prorrogarse por períodos bianuais.

5. Garantía provisional: 1.202,02 euros.

6. Garantía definitiva: 30.050,61 euros.

7. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Mondoñedo.

Teléfono: 982 52 40 03.

Fax: 982 50 74 21.

8. Presentación de ofertas: en man no rexistro xeral do Concello de Mondoñedo de 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos diarios oficiais (BOP de Lugo e DOG).

9. Apertura de ofertas: realizarase en acto público na casa do concello no día e na hora que con antelación suficiente se lle comunique ós licitadores.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: o prego que rexerá o concurso, aprobado polo Pleno do concello en sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de xullo de 2002, exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, para efectos de exame e reclamacións, aprazándose a licitación cando resulte necesario no caso de que formulasen reclamacións contra este.

Mondoñedo, 23 de xullo de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde