Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de xullo de 2002, aprobou a contratación por concurso, en procedemento aberto, por vía de urxencia, da obra denominada Complexo Cultural Álvaro Cunqueiro 1ª fase: Escola de Música e Auditorio, pola contía de 1.994.051,85 euros (IVE incluído).

Presentación de proposicións: na secretaría do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría e).

Apertura de proposicións: na casa do concello ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría do concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 24 de xullo de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde