Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Miño.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria realizada o día 8 de agosto de 2002, por maioría absoluta acordou:

1. Aproba-lo informe emitido polo equipo redactor en relación coas alegacións presentadas durante o período de información pública do proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño, coas puntualizacións de precisións que constan nos informes, resolvendo as alegacións no sentido do informado.

2. Ratifica-los convenios urbanísticos subscritos polo alcalde en representación do concello e que foron incorporados como determinacións do plan xeral.

3. Aproba-las modificacións derivadas dos informes preceptivos dos organismos sectoriais con competencia, e especialmente as derivadas do informe vinculante do 24 de xullo de 2002 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

4. Aprobar definitivamente o documento refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Miño, presentado a informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, unha vez incorporadas as modificacións sinaladas no informe vinculante da consellería do 24 de xullo de 2002.

Se se producise algún erro e houbera discrepancia entre o informado ás alegacións e o reflectido na memoria e nos planos do documento, prevalecerá o que estipulen os planos e a normativa correspondente.

5. Cumpri-los requisitos legais necesarios para a entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Miño aprobado, derivado do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación de competencias en materia de urbanismo, poderá interporse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última

publicación do presente anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia ou no xornal El Correo Gallego, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo o establecido no artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaída resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpor recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da dita resolución, ou ó da última publicación do presente acordo; se a resolución non fose expresa o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, e contarase a partir do día seguinte a aquel en que debe entenderse desestimado o recurso potestativo de reposición interposto.

Advírtese que tamén se poderá interpor cualquera outro recurso que os interesados estimen pertinente.

Miño, 14 de agosto de 2002.

Deogracias Romeu López

Alcalde