Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de aprobación do proxecto compensación sector 5-Valle Mesoiro e proxecto de ocupación directa da parcela 98 do mesmo sector.

A Comisicón de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobal-lo proxecto de compensación presentado pola xunta de compensación do sector 5 Mesoiro, quedando a eficacia pendente do cumprimento dos requirimentos de pagamento que se establecen nos puntos 2, 3 e 4.

2. Aproba-lo proxecto de ocupación directa da parcela número 98 do sector 5 Mesoiro e requiri-la xunta de compensación para que ingrese na Caixa Xeral de Depósitos a favor do propietario descoñecido da citada parcela a cantidade de 49.257.60 euros, consignación que operará como condición de eficacia da aprobación de proxecto de compensación.

3. Requiri-la xunta de compensación para que no prazo de 1 mes ingrese na caixa municipal, en calidade de indemnización pola edificabilidade que lle corresponde a esta Administración e non se plamou no proxecto de compensación, a cantidade de 2.854,06 euros, ingreso que operará como condición de eficacia da aprobación do proxecto de compensación.

4. Requiri-la xunta de compensación do sector 5 Mesoiro para que no prazo de 1 mes ingrese na caixa municipal en concepto de pagamento aprazado do

aproveitamento que se lle allea a través do acordo plenario do 10 de outubro de 2001 a cantidade de 3.321.174,41 euros, e en concepto de IVE correspondente ó importe total da citada operación a cantidade de 801.022,99 euros, ingreso que operará como condición de eficacia do proxecto de compensación.

Do cumprimento das condicións consignadas nos puntos 2, 3 e 4 deixarase constancia no expediente mediante ceritificación acreditativa, momento no que se continuarán os trámites mediante a súa protocolización, ou, de se-lo caso, certificación para a súa remisión ó Rexistro da Propiedade.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpor recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación. Non obstante, pódese interpor recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpor recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados a partir da desestimación presenta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 3 de setembro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo