A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o 2 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle para sinalamento de aliñacións
e ordenación de volumes da área de planeamento específico H2.01 San Amaro, promovido por Ángel López Martínez na súa condición de presidente da comisión xestora constituída para a execución da área de planeamento específico H2.01 San Amaro.
Segundo.-Someter a información pública polo prazo dun mes de duración o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.
Os gastos desta publicación serán satifeitos polo seu promotor.
A Coruña, 28 de agosto de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo