Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do 8 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente, por instancia de Jesús Garriga Paz, o proxecto de urbanización da zona coñecida como monte A Saleta, na estrada de Astureses.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes (1), que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, podendo ser examinado nas dependencias da área de obras e urbanismo do Concello do Carballiño, situado na praza Maior, 1, en horario das 8.30 ás 14 horas, de luns a venres, para que tódalas persoas interesadas poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Carballiño, 12 de agosto de 2002.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde