Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público de prestación do servicio de limpeza en varios centros de saúde dependentes desta xerencia (C.P. 1/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do concurso público 1/2002 de prestación do servicio de limpeza en diversos centros de saúde dependentes desta xerencia, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza Ferrol, nº 11-4ª planta (27001) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 63 29. Fax: 982 29 62 28.

c) Número do expediente: C.P. 1/2002

2. Obxeto da contratación:

a) Tipo de contrato: contrato de consultorías e asistencia e de servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza en diversos centros de saúde dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e no BOE.

Diario Oficial de Galicia: 6-2-2002 nº 27.

BOE: 13-2-2002 nº 38.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Un millón setecentos corenta e cinco mil novecentos corenta euros con dezaseis céntimos (1.745.940,16 A).

5. Adxudicación:

a) Data: 28 de xuño de 2002.

b) Contratista: Eurolimp, S.A. (del Grupo Ferrovial Servicios, S.A.).

c) Importe da adxudicación: un millón catrocentos trece mil seiscentos cincuenta e cinco euros con oitenta céntimos (1.413.655,80 A) (IVE incluído).

Lugo, 22 de agosto de 2002.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo