En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.
I. Adquisición de equipamento electromédico para coronarias con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra (5 lotes).
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.
c) Número de expediente: SCS.-61/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.
b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento electromédico.
c) Lote: 5 lotes.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 238, do 11 de decembro de 2001.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
5. Importe total: vinteoito millóns cincocentas vintecinco mil pesetas, IVE incluído (28.525.000 pesetas)(171.438,70 euros), que se desagregan en dúas anualidades; para o ano 2001: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros), e para o ano 2002: 27.525.000 pesetas (165.428,58 euros).
Lote Descrición Anualidade 2001 Anualidade 2002
Ptas. A Ptas. A
1 Sistema monitorización telemetría 23.300.000 140.035,82
2 Desfibrilador 1.000.000 6.010,12 1.000.000 6.010,12
3 Xerador de marcapasos interno transitorio 1.575.000 9.465,94
4 Respirador de transporte avanzado 950.000 5.709,61
5 Electrocardiógrafo 12 canles 700.000 4.207,08
Adxudicacións:
Lote 1: sistema de monitorización telemetría.
a) Data: 3 de xuño de 2002.
b) Contratista: MC Infortécnica, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: cento corenta mil trinta e cinco euros con oitenta e dous céntimos, IVE incluído (140.035,82 euros).
Lote 2: desfibrilador.
a) Data: 3 de xuño de 2002.
b) Contratista: Marquette Hellige España, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: doce mil vinte euros con vintecatro céntimos, IVE incluído (12.020,24 euros).
Lote 3: xerador de marcapasos interno transitorio.
a) Data: 3 de xuño de 2002.
b) Contratista: Mectronic Ibérica, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: nove mil catrocentos sesenta e cinco mil euros con noventa e catro céntimos, IVE incluído (9.465,94 euros).
Lote 4: respirador de transporte avanzado.
a) Data: 3 de xuño de 2002.
b) Contratista: Técnicas Médicas Mab, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: cinco mil seiscentos cincuenta euros, IVE incluído (5.650 euros).
Lote 5: electrocardiógrafos 12 canles.
a) Data: 3 de xuño de 2002.
b) Contratista: Galmédica, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: catro mil douscentos sete euros con oito céntimos, IVE incluído (4.207,08 euros).
En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Supe
rior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.
P.D. (Orde 2-8-2002)
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde