Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva de contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de mobiliario clínico con destino ó novo edificio de radioterapia e medicina nuclear do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS. 59/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 238, do 11 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

5. Importe total.

Sete millóns setenta e cinco mil pesetas, IVE incluído (7.075.000 pesetas, IVE incluído), que se desagregan en 1.100.000 pesetas (6.611,13 euros) para o ano 2001 e 5.975.000 pesetas (35.910,47 euros) para o ano 2002.

LoteDescriciónAnualidade 2001Anualidade 2002

1Mobiliario clínico para diversos servicios1.000.000 de ptas.6.611,13 A2.931.000 ptas.17.615,66 A

2Sistema de mobilización de doentes1.534.000 ptas.9.219,53 A

3Carros diversos servicios1.510.000 ptas.9.075,28 A

Adxudicacións:

Lote 1: mobiliario clínico diversos servicios.

Lote 3: carros diversos servicios.

a) Data: 3 de xuño de 2002.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintesete mil setenta e sete euros con noventa e nove céntimos, IVE incluído (27.077,99 euros).

Lote 2: sistema de mobilización de doentes.

a) Data: 3 de xuño de 2002.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario Clínico, S.A.

e) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oito mil douscentos quince euros con oitenta e catro céntimos, IVE incluído (8.215,84 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación

desta resolución, de conformidad coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 2-8-2002)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde