Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación do servicio de reparto de mercadorías, paquetería, correspondencia e recollida de analíticas dos diversos centros de saúde dependentes desta xerencia. (C.P. 3/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo acorda darlle publicidade á adxudicación do concurso público para a contratación do servicio de reparto de mercadorías, paquetería, correspondencia e recollida de analíticas dos diversos centros de saúde dependentes desta xerencia C.P. 3/2002, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza Ferrol, nº 11-4ª planta (27001) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración.

Teléfono: 982 29 63 29. Fax: 982 29 62 28.

c) Número do expediente: C.P. 3/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de consultoría, asistencia e de servicios.

b) Descrición do obxecto: prestación do servicio de reparto de mercadorías, paquetería, correspon-

dencia e recollida de analíticas dos diversos centros de saúde dependentes da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e no BOE:

DOG: 15-4-2002 nº 72.

BOE: 25-4-2002 nº 99.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación

Douscentos oitenta e tres mil euros (283.000 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de xuño de 2002.

b) Contratista: Corporación Integral de Transportes Servipack, S.A.

c) Importe da adxudicación: douscentos setenta e sete mil trescentos trinta e oito euros con corenta e oito céntimos (277.338,48 A) (IVE incluído).

Lugo, 21 de xullo de 2002.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria