Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002 pola que se fixa a data na que se procederá ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan parcial do SUNP-2 Salgueiriños no concello de Santiago de Compostela.

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan parcial do SUNP-2 Salgueiriños, no concello de Santiago de Compostela, foi aprobado conforme

o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e a Orde do 30 de decembro de 1999, polo director xeral de Urbanismo, con data do 5 de xuño de 2002. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da Vivenda e Solo proceda a verifica-lo aboamento ou, se é o caso, a consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados o día 10 de outubro de 2002, ás 10 horas, no salón de actos do IGVS. O que terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forozosa, do 26 de abril de 1957.

Ó devandito acto convócase a:

de predio

PropietarioSuperficie

(m)

Valoración

euros

9Herdeiros de José Vilar Vilar4.227161.570,60

18Peregrina Álvarez García e herdeiros de Casimiro Beiras Sonería46317.697,47

19Manuel Raúl Iglesias Vilar3.755143.529,13

20Manuel Raúl Iglesias Vilar, Isabel Taboada Castiñeiras, José Mosquera Brey1.006,538.471,91

68Herdeiros de Manuel García Casas1.27048.543,80

79Herdeiros de José Vilar Vilar e Ramona Montero González97237.153,21

82Herdeiros de José Vilar Vilar e Ramona Montero González1.52558.290,79

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se lles fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste terse extendido a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, presenten os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ó mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros. Así mesmo, os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publí

quese o presente acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo