Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

EDICTO do 22 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se require documentación ós solicitantes de pensións non contributivas da Seguridade Social relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba

o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación dos expedientes que a continuación se relacionan, ó teren sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírese os citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais da Coruña (Concepción Arenal, 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non achegasen a

documentación requirida, en virtude do establecido nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, teranse por desistidos da correspondente solicitude de pensión non contributiva e procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

A Coruña, 22 de agosto de 2002.

María José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

SolicitanteDNINº de expte.Concello

Asensio Segado, María Pilar42958765660/I/2002Ferrol

Blanco Bermúdez, Mª Teresa32594972347/I/2002Ferrol

Estévez Gago, Carmen32266928541/X/2002A Coruña

Gurdiel Rivas, Ramón46903393622/I/2002A Coruña

Iglesias Mosquera, Ana María32632839584/I/2002Narón

Loureiro Ramos, Mª Manuela32358316670/X/2002Arteixo

Manso Lorenzo, María Carmen32590769619/X/2002Ferrol

Manteiga Fernández, Alfredo47353234585/X/2002Betanzos

Méndez Aboal, Rubén32836244225/I/2002A Coruña

Picos Rodríguez, Josefa32480769548/X/2002Ferrol

Regueira Leis, Antonio34899003430/I/2002Culleredo

Regueiro Anido, Mª Elena H.32697825824/X/2002Pontedeume

Varela Pena, Jesús Ángel46901116707/I/2002A Coruña