Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 10 de xullo de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para o aluguer, con opción de compra, de dous vehículos radio patrulla para o servicio de policía local do Concello de Lugo; por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o aluguer, con opción de compra, de dous vehículos radiopatrulla para o servicio de policía local, de acordo coas características técnicas que se recollen no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Non poderá ser superior a 42.070 euros, que serán pagados polos sistema de aluguer, con opción de compra, en 48 mensualidades, incluída a cota residual dun máximo de 310 euros. Non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 841,40 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais, ou no enderezo www.concellodelugo.org da internet.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo; Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que teña lugar con posterioridade ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

11. Gastos dos anuncios: 512,94 euros, que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 1 de agosto de 2002.

Luis Regal Pavón

Secretario

Visto e prace

Francisco Fernández Liñares

Alcalde