Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto modificado número 1 das obras de acondicionamento da estrada LU-111, treito: Rábade-Cospeito, clave: N/LU/91.10, termos municipais de Rábade, Begonte e Cospeito.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 15 de decembro do 1997, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, procede á aprobación do proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-111, treito: Rábade-Cospeito, clave: N/LU/91.10, termos municipais de Rábade, Begonte e Cospeito.

Con data de 8 de xaneiro de 1998, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 20/1998, publicado no DOG nº 16, do 26 de xaneiro do 1998.

Con data de 24 de xullo de 2001, procédese á aprobación do proxecto modificado nº 1 das obras de acondicionamento da estrada LU-111, treito: Rábade-Cospeito, clave: N/LU/91.10, termos municipais de Rábade, Begonte e Cospeito, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran nas relacións expostas nos concellos de Rábade, Begonte e Cospeito, para que comparezan no lugar, a data

e a hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Rábade:

Data: 8 de outubro de 2002.

Hora: 9.

Predio: 45CO1.

Titular: López García, Emilio.

Casa do Concello de Begonte:

Data: 8 de outubro de 2002.

Hora: 10.

Predio: 15CO.

Titulares: Fuentes Rodríguez, José Manuel; Doval Rodríguez, Antonio.

Predio: 24CO.

Titular: Veiga Prado, Ana María.

Predio: 45CO.

Titular: Vázquez Losada, Eladio.

Predio: 48CO.

Titular: descoñecido.

Predio: 63CO.

Titular: Teijeiro Corral, María Dolores.

Casa do Concello de Cospeito:

Data: 8 de outubro de 2002.

Hora: 12.

Predio: 35CO.

Titular: Riguera Braña, Amparo.

Predio: 200E.

Titular: De la Barrera Varela, José María.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Rábade, Begonte e Cospeito, e na Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, Ronda da Muralla, 70, 5º andar.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, as alegacións que estimen pertinentes ó obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 2 de setembro de 2002.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo