Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica resolución de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificóuselle a Basazuri, S.L. os datos da resolución da Dirección Xeral de Urbanismo do 15 de xullo de 2002, dictada no seguinte expediente de reposición da legalidade urbanística, por resultar ausente no reparto.

Expediente: 107 B-2002/41-0 de reposición da legalidade urbanística.

Denunciado: Basazuri, S.L.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: r/ Álvaro Cunqueiro, nº 1, 2º dereita.

Feitos: explotación de canteira de feldespato sódico en solo rústico protexido.

Lugar: A Áspera.

Municipio: Barreiros.

Contido da parte dispositiva da resolución:

Primeiro.-Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística pola realización das obras arriba descritas sen a preceptiva licencia municipal, das que é promotor Basazuri, S.L.

Segundo.-Notificarlle esta resolución ó interesado, que poderá alegar e presenta-los documentos e xustificantes que estime pertinentes no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo