Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)

EDICTO (289/2001).

Mª Luz Rico Recondo, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, sección cuarta, fago saber que nesta sala se segue o recurso de casación para a unificación de doutrina número 289/2001, interposto por María Dolores Álvarez

González e outros, contra o grupo empresarial Ence, S.A. e outros, foi dictada a seguinte resolución:

«R.C.U.D. número 289/2001, R.S. número 3.028/2001. Autos número 446/1998 M-4.

Cédula de notificación e emprazamento.

No recurso de casación para a unificación de doutrina á marxe referenciado, interposto pola parte demandada grupo empresarial Ence, S.A., e sendo parte recorrida Mª Dolores Álvarez González e outros e ministerio fiscal, dictouse a seguinte providencia:

Providencia:

Luelmo Millán.

Presidente:

Gilolmo López.

Ureste García.

En Madrid, 9 de maio de 2002.

Tense por preparado en tempo e forma pola parte demandada no procedemento, recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentencia dictada neste proceso. Iníciese peza separada co escrito de preparación do citado recurso. E segundo o establecido no artigo 206 da vixente Lei de procedemento laboral, emprácense as partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a Sala do Social do Tribunal Supremo a usar do seu dereito no prazo de quince días hábiles e no prazo de vinte días, proceda a interpoñe-lo recurso, contados ámbolos dous prazos desde a data de notificación da presente cédula e, verificado, remítase as actuacións dentro dos cinco días seguintes ó do emprazamento con atento oficio ó dito alto tribunal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Na súa virtude, para que lle sirva de notificación e emprazamento á parte a quen, por medio da presente cédula, emprazo para que no prazo de quince días, compareza ante a Sala do Social do Tribunal Supremo a facer uso do seu dereito en mérito do recurso de casación interposto, expido esta cédula en Madrid e coa mesma data da resolución dictada.

En Madrid, 16 de agosto de 2002.

Non tendo sido posible notificárlle-la resolución desta sala do 9 de maio de 2002, a Eladio Barreiro Dopazo, Pedro M. del Carmen García Linares, Antonio Martínez Arosa, César Morante Álvarez, José Manuel Pazos Mella e Fernando Sanz Infante, por encontrarse en ignorado paradoiro ou domicilio descoñecido, expídase o correspondente edicto para a súa inserción no BOP, en aplicación do artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que lles sirva de notificación a Eladio Barreiro Dopazo, Pedro M. del Carmen García Linares, Antonio Martínez Arosa, César Morante Álvarez, José Manuel Pazos Mella e Fernando Sanz Infante, actualmente en domicilio descoñecido ou ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula en Madrid, 16 de agosto de 2002.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA