Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 3 de setembro de 2002 pola que se modifica, como consecuencia dunha ampliación de crédito, a Orde do 12 de abril de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio do ano 2002.

A Orde do 12 de abril de 2002, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, establece que o financiamento das axudas previstas nela farase con cargo ós créditos dos programas 14.03.241B 440.0 (323.459 A), 14.03.241B 470.0 (282.424 A), 14.03.241B 472.0 (1.249.472 A), 14.03.241B 480.0 (631.036 A) e

14.03.241B.482.0 (1.439.597 A) que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002, e que constitúe o importe global máximo que se destina para estas subvencións.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes que se establece na citada orde, moitas entidades solicitantes quedaron sen programación por falta de crédito dispoñible para financia-las accións formativas solicitadas por elas.

Por outra banda, nas aplicacións orzamentarias 14.03.241B.480.0 e 14.03.241B.470.0 existe un crédito de 60.000 euros en cada unha delas que non se incluíu nos créditos dispoñibles para esta orde, e agora, unha vez vistas as solicitudes presentadas, e tendo en conta as necesidade de crédito, considérase necesario modifica-la Orde do 12 de abril de 2002 e incluír nela esta cantidade para financiarlles accións formativas ás entidades que presentaron solicitude ó amparo desta orde.

De acordo con todo o expresado anteriormente, considérase necesario dictar unha modificación da Orde do 12 de abril de 2002.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Galego de Formación Profesional, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo único.-O importe que se poderá imputar a financia-las accións formativas do Fondo Social Europeo nas aplicacións orzamentarias 14.03.241B.480.0 e 14.03.241B.470.0 increméntanse en 120.000 euros, 60.000 euros cada unha delas, por existir crédito suficiente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA