Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se corrixe un erro no modelo de respostas da primeira proba e se lle dá publicidade á nova relación de cualificacións.

En sesión celebrada o 10 de setembro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 23 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001, adoptou os seguintes acordos:

Procédese a corrixi-lo erro detectado no modelo de corrección do test da primeira proba, consistente en fixar como resposta correcta da pregunta nº 52 a resposta B) en lugar da resposta A) que figuraba inicialmente.

Así mesmo, procédese a dar publicidade á nova relación de cualificacións.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2002.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente do tribunal