Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria realizada o día 26 de agosto de 2002, por maioría absoluta, aprobou inicialmente a modificación puntual nº IV das normas de ordenación subsidiarias do planeamento municipal cos conseguintes efectos legalmente previstos, sobre a base do documento técnico de data xullo de 2002, redactado por OF.P-90, S.L. A dita modificación afecta ó capítulo VIII, epígrafes 1 e 3, no referido ás dimensións e características do desenvolvemento previsible en solo apto para urbanizar normal, é a definición e cuantificación superficial da unidade mínima de actuación no dito SAU/N, onde, así mesmo, delimita tres sectores susceptibles de desenvolvemento mediante plans parciais. O que se somete a información pública polo prazo dun mes computado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Estrada, 28 de agosto de 2002.

José Antonio Maceira Besteiro

Alcalde accidental