Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 26 de agosto de 2002, por unanimidade, acordou prorroga-lo prazo de información pública do avance do PXOM durante outros 15 días naturais, computado a partir do seguinte ó da publicación do preceptivo anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que tamén se publique noutros boletíns oficiais, taboleiro municipal ou prensa, determinando, así mesmo, que non se interromperá a información pública da forma na que a vén prestando o equipo redactor Adiu, S.L., durante o intervalo de tempo que transcorra entre o día 1 de setembro de 2002 (data na que remataba o prazo inicialmente acordado de información pública) e o día da efectiva publicación do anuncio de prórroga no Diario Oficial de Galicia.

A Estrada, 28 de agosto de 2002.

José Antonio Maceira Besteiro

Alcalde accidental