Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DUMBRÍA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Dumbría, en sesión do 21 de xuño de 2002, e co quorum da maioría absoluta do número legal de membros da corporación, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Dumbría, elaborado pola empresa Gruplar, S.L.

Segundo.-Somete-la documentación integramente do devandito plan xeral a información pública mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica interesada poida examina-la devandita documentación e presenta-las alegacións que considere convenientes durante o prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Terceiro.-Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición e usos contrarios ós previstos na nova ordenación, en todo o termo municipal de Dumbría. En consecuencia, producirase a interrupción do procedemento de licencias solicitadas con anterioridade ó acordo de aprobación inicial que teñan un contido contrario ás determinacións da nova ordenación, de conformidade co disposto nos artigos 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e 120 e 121 do Regulamento de planeamento. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento (artigo 120 do Regulamento de planeamento).

Esta suspensión de licencias terá unha duración máxima dun ano contado a partir da adopción do acordo de aprobación inicial, aínda que quedará extinguida coa aprobación definitiva do Plan xeral, de conformidade co disposto no artigo 34.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Dumbría, 16 de agosto de 2002.

José M. Pequeño Castro

Alcalde